Os bosques son un ecosistema de moita relevancia no actual contexto climático. Grandes reguladores do clima, contribúen á absorción de carbono mentres emiten osíxeno. Ademais, un bosque san axuda a manter a biodiversidade do noso medio.
Hoxe é o Día Internacional dos Bosques, que neste 2024 ten como tema «Bosques e innovación: novas solucións para un mundo mellor». O Grupo Operativo Cogomelos+ fomenta co seu proxecto innovador o aproveitamento micolóxico en piñeirais, contribuindo ao mantemento da biodiversidade no bosque e o sotobosque galegos.
#ServitecMedioambiente | Universidade de Santiago de Compostela | Feuga